Publicado por PRAZA PÚBLICA ó 26 de xullo 2020
A súa tese e esta obra racha con certos mitos sobre a visión dos soldados do bando franquista e as condicións nas que loitaban…
A imaxe que sempre se deu do exército sublevado, porque nin tan sequera se falaba de soldados, era que estaba composto por africanistas, falanxistas, carlistas e conservadores monárquicos. O que fixen foi preguntarme quen era realmente ese exército sublevado e quen o conformaba. O que apareceu e se descobre foi unha cousa que estaba en consonancia co que contaba moita xente que loitara no bando franquista: que no recrutamento hai moita diversidade e moita casuística diferente. Hai moitas historias de soldados que foron recrutados a moita honra, pero tamén de moitos que escaparon, que fuxiron e logo volveron á guerra ou de moitos outros que foron porque lles tocou. No caso de Galicia, o caso máis paradigmático foi o de Ramón Piñeiro.
Para continuar lendo PRAZA PÚBLICA