Reseña de Luzes: “Soldados, subalternos e historia”

Publicado por Luzes ó 10 Novembro, 2020, por David Rodríguez

Nunha pasaxe do libro segundo do «Sempre en Galiza», Castelao mostraba a súa indignación co tratamento que daba o xornal El Socialista aos soldados galegos na fronte de Asturias. Indignábase o de Rianxo porque se sinalase os galegos coma inimigos de Asturias, coma covardes, coma «mariscos». Lembraba Castelao que nesa fronte houbo milleiros de galegos republicanos que pasaran por «mineiros asturianos», que dous grandes líderes do bando democrático asturiano —Gayoso e Vázquez— eran galegos e que moitos dos soldados galegos destinados ás trincheiras asturianas estaban alí de xeito forzoso. Non lle prestaba a Castelao a caracterización dos soldados galegos e, torcendo por eles, mesmo suxería que a aldraxe á que foran sometidos contribuíra a que moitos decidisen non mudar de bando, esporeándoos a «tomar Asturias» con aínda máis ímpeto para resarcírense.

Continuar lendo Luzes

facebook
Twitter
Follow

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

es Spanish
X
error

síguenos