Nin patria nin fervor: os soldados á forza de Franco

Publica por Nós Diario  ó 3 de abril de 2020, por Montse Dopico

“Todo o pobo galego saíu cara ás frontes, empurrado pola súa capacidade emotiva para sentir a grande hora de España”. Isto escribiu en Galicia en guerra en 1938 o falanxista Luís Moure Mariño. Mais non era así. O Exército franquista formouse sobre todo por recrutamento forzoso e non como resultado da mobilización cidadá. E nin a participación nas súas filas implica adhesión ideolóxica nin a colaboración co mesmo revela lealdade sociolóxica. Porque todo é máis complexo. Así o cre o historiador Francisco J. Leira, autor de Soldados de Franco.

Nin cruzados nin mártires voluntarios da nación, como rezaba a propaganda franquista. Nin só, nin fundamentalmente, africanistas, falanxistas ou carlistas, porque tamén había comunistas, nacionalistas, anarquistas, socialistas ou apolíticos. Nin sequera o simplificador e popular “fascistas”. Senón diversas xeracións de homes de heteroxénea condición social e ideolóxica recrutados nun clima de terror. Labregos, estudantes, obreiros, avogados, profesores… Así eran os soldados de Franco, segundo Francisco J. Leira Castiñeira. 

Continuar lendo en Nós Diario 

facebook
Twitter
Follow

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

es Spanish
X
error

síguenos