Publicado por La Opinión da Coruña el 16/07/21
“É importante que as fotografías transmitan o trauma que xerou a Guerra Civil”
“En Galicia habería un 20% de voluntarios no bando sublevado; algúns viron a guerra como aventura, pero a meirande parte, independentemente da posición política, non querían ir”
O historiador Francisco Jorge Leira-Castiñeira (A Coruña, 1987) doutorouse en 2018 coa tese La socialización de los soldados del ejército sublevado (1936-1945). Su papel en la consolidación del Régimen franquista, na que indagaba sobre a situación dos homes que pelexaron, de grao ou forza, no alzamento contra a República, e a súa vida na inmediata posguerra. Agora, ademais de continuar a súa carreira investigadora dentro do grupo Histagra da Universidade de Santiago de Compostela, vén de publicar, coa editorial Galaxia, Soldados forzosos. A memoria esquecida da Guerra Civil Española. Neste libro mestura unha versión resumida e orientada ao público xeral das súas investigacións con fotografías da época procedentes de diversos fondos privados e públicos, algunhas delas inéditas.
Continuar lendo en La Opinión da Coruña