A biblioteca Anxel Casal y la Concellería de Mocidade de Santiago de Compostela recomendan “A memoria esquecida da guerra civil”

A biblioteca Anxel Casal y la Concellería de Mocidade de Santiago de Compostela recomendan “A memoria esquecida da guerra civil”

Esta é a historia fotográfica dos galegos que loitaron forzosos na Guerra Civil, desde que eran cidadáns na República, pasando pola súa experiencia bélica, ata a súa volta en plena ditadura. Unha contribución que tenta saír dos discursos simplificadores, incidindo en que as guerras non teñen nada de heroico, senón que traen consigo morte, fame e sufrimento. É un colectivo que forma a memoria esquecida da longa noite de pedra da Historia de Galicia.

A maioría dos galegos que naceron entre 1907 e 1924 foron forzosos a loitar na Guerra Civil española. Outros foron represaliados ou exiliados por mor do terror que se respiraba a retagarda. Estas vivencias teñen que ser coñecidas para qye se saiba a experiencia bélica e de violencia que viviu esta xeración. Por iso lle pido a toda a cidadanía que se sume a este proxecto e envíe as súas fotografías familiares, cartas ou testemuñas que permanecen equecidas para a sociedade galega.

Por iso, isto é unha pequena e primeira achega que ten que ser completada con otras fontes, miradas e debates. O pasado debe ser coñecido e posto en tea de xuizo por todos os que nos asomamos a mirar pola súa fiestra. Pero requerimos da axuda da sociedade civil. Neste senso, esta humilde contribución ten que verse completada con máis testemuñas, fotografúas e documentación personas. Por iso, invitamos a cidadanía a ser parte deste proxecto e que se poñan en contacto con pasadoreciente@memoriaehistoria.com

Que a historia do noso país non quede soterrada pola lousa do esquecemento

facebook
Twitter
Follow

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

es Spanish
X
error

síguenos