Despois do verán sairá a luz o libro A xustiza pola man. Violencia e conflitiviade na Galicia contemporánea, editado por Miguel Cabo e Francisco Leira na Editorial Xerais.


«A xustiza pola man» achega unha panorámica sobre as formas de conflitividade e violencia cotiá na Galicia contemporánea. Partindo dunha óptica común, inténtase comprender a sociedade a través dos conflitos e dunha das súas posibles derivacións, a violencia, entendida esta non como unha manifestación de irracionalidade, senón como síntoma das oposicións e loitas de poder inherentes a calquera comunidade. En definitiva, preténdese expoñer unha visión afastada dos estereotipos que afondan nunha Galicia resignada aos designios do poder imperante.
Opinións:
«Un análisis novedoso, detallado y coherente sobre la violencia en el pasado que descubre las diferentes caras de la violencia, sus mutaciones y el lugar central que ha ocupado en la historia».
Óscar Bascuñán Añover (Universidad Complutense de Madrid).
«Uma obra de leitura indispensável e urgente para quem deseje pensar a Galiza num tempo longo, além dos estereótipos sobre o conflito e a violencia».
Paula Godinho (Universidade Nova de Lisboa).
«No tempo do retorno da política do medo e do neofascismo, estudar a violencia contribúe a suspender a súa aparente irracionalidade e axuda a entender o pasado e o noso presente».
Álex Alonso Nogueira (City University of New York).
ÍNDICE
Prólogo. Dereito, xustiza, violencia
[Ramón Villares Paz]
Introdución. Violencia e conflitividade na Galicia contemporánea: imaxes e realidades
[Miguel Cabo e Francisco J. Leira-Castiñeira]
Violencia e conflitividade política na Galiza do século XIX (1808-1874)
[Xosé Ramón Veiga Alonso]
As tendencias do crime galego no período das estatísticas oficiais (1859-1918)
[Enrique Carballo Gende]
Instigación e recepción feminina de actos violentos na Galicia do século XIX e comezos do XX
[Herminia Pernas Oroza]
“Unha colisión fina”. A violencia na acción colectiva do movemento obreiro en Galicia: repertorios, percepcións e consecuencias (1890-1940)
[Antonio Míguez Macho]
Obreirismo e conflito na provincia da Coruña no primeiro terzo do século XX
[Eliseo Fernández Fernández e Emilio Grandío Seoane]
A violencia na retórica e na realidade do movemento agrarista
[Miguel Cabo]
A formación da sociedade civil a través da protesta agraria. O caso de Porto do Son no cambio de século
[Francisco J. Leira-Castiñeira]
Deporte, educación, violencia: outra perspectiva do proceso civilizador (Galicia, 1890-1936)
[Andrés Domínguez Almansa, Roque Sanfiz Arias e Tania Riveiro-Rodríguez]
A «folga do leite» (1978). Un conflito agrario nos tempos da Transición
[Daniel Lanero Táboas e Ana Cabana Iglesia]
Baldaio en loita. Recuperación do patrimonio natural colectivo (1948-1991)
[Araceli Freire Cedeira]
O GRAPO en Galicia
[Jonatan Rodrigues López]
Epílogo. Violencia, odio, terror e medo. Alén e aquén do conflito
[Lourenzo Fernández Prieto]

Título: A xustiza pola man. Violencia e conflitiviade na Galicia contemporánea
Editores: Francisco Leira e Miguel Cabo
Lugar de edición: Vigo
Editorial: Xerais
Idioma: Galego
Páxinas: 392
I.S.B.N.: 978-84-9121-799-2
Prezo: 25 euros
Me fascino demasiado tu pagina Gracias, Un saludo
Muchas gracias. Es una cosa muy humilde
gracias
Hola!!, me encanta tu forma de realizar el contenido, el mundo necesita mas gente como tu
muchas gracias
muchas gracias¡¡