O día 29 de xullo de 2021, presentó na Casa do Libro de Vigo, o libro Soldados forzosos. A memoria esquecida da guerra civil as 19 horas. Hai que reservar no correo vigo@casadellibro.com, para seguir os protocolos de seguridade sanitaria.
O libro é: Esta é a historia fotográfica dos galegos que loitaron forzosos na Guerra Civil, desde que eran cidadáns na República, pasando pola súa experiencia bélica, ata a súa volta en plena ditadura. Unha contribución que tenta saír dos discursos simplificadores, incidindo en que as guerras non teñen nada de heroico, senón que traen consigo morte, fame e sufrimento. É un colectivo que forma a memoria esquecida da longa noite de pedra da Historia de Galicia.
Participarán a historiadora Pilar Mera na UNED de Madrid, autora de 18 de julio da editorial Taurus. O mestre de cerimonias vai ser o editor de Galaxia Carlos Lema.
Título: Soldados forzosos. A memoria esquecida da guerra civil
Lugar de edición: Vigo
Editorial: Galaxia
Idioma: Galego
Año: 2021
Páxinas: 104
ISBN : 978-84-9151649-1
Prezo: 20 euros
Casa del Libro de Vigo