Presentación de “A memoria esquecida da Guerra Civil”

O mércores 22 de setembro, ás 19:00 na Biblioteca Anxel Casal de Santiago, preséntase o fotolibro, “Soldados forzosos. A memoria esquecida da Guerra Civil”. Participa a fotógrafa galardoada cun Premio Goya de fotografía profesional e o Premio Quijote de fotografía profesional, entre outros, Pily Reñones. Tamén, o profesor e historiador da Universidade de Santiago, Andrés Domínguez Almansa, un dos maiores expertos a sobre a historia social de Galicia, a represión franquista, fontes orais e, na actualidade, en Ciencias Social aplicadas as Ciencias da Educación.

Despois da presentación o autor e documentalista do libro, Francisco Leira, firmará exemplares. O acto o organiza a Libraría Couceiro e a Biblioteca Pública Anxel Casal de Santiago. Colaboran a Editorial Galaxia e o Grupo de Investigación da USC, HISTAGRA.

Francisco Leira é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Licenciado en Historia e máster en Historia Contemporánea pola USC e máster en Ciencias Documentais pola Universidade da Coruña. Foi galardoado co Premio Miguel Artola da Asociación de Historia Contemporánea e do Centro de Estudios Políticos e Constitucionais do Ministerio de Presidencia no ano 2020. Do mesmo xeito, gañou o Premio en Ciencias Sociais Juana de Vega e o concurso de ensaio George Watt da ALBA de Nova Iorque no 2012. Recentemente (no mes de setembro), obtivo un accésit no Premio Javier Tusell da Asociación de Historiadores del Presente. É autor, entre outro, de Soldados de Franco. Reclutamiento forzoso, experiencia de guerra y desmovilización militar (Madrid, Siglo XXI, 2020)

facebook
Twitter
Follow

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

es Spanish
X
error

síguenos