Soldados de Franco en Club de lectura de Radio Fene

“Se facemos un esforzo por indagar na memoria e nos arquivos, a pesar do debate historiográfico sobre a inevitabilidade da guerra, a xente corrente non quería ir á guerra” Con esta afirmación xa temos un indicio do que o historiador Francisco Leira defende no seu libro “Soldados de Franco: Reclutamento forzoso, experiencia de guerra e desmovilización militar”. A súa tese é que o exército franquista se formou sobre todo por recrutamento forzoso e non como resultado da mobilización cidadá. A participación nas súas filas non implica adhesión ideolóxica nin colaboración, defende o historiador Leira Castiñeira.

Tras o golpe de Estado deuse o caso de persoas cunha filiación de esquerdas que fuxiron no primeiro momento por medo ás represalias e despois,  pola presión da represión ao seu redor e por salvar a vida, volveron e fixeron un reclutamento voluntario. “Máis seguros que aquí non estaremos en ningures” razoaron. No Club de lectura de Radiofusión, Leira distingue o reclutamento forzoso dos golpistas e o dos republicanos, segundo os estudos realizados por un historiador da Universidade de Oxford, que veñen a decir que son de tipo administrativo e organizativo pero socialmente similar.

No libro e na tertulia fala Leira do caso galego, paradigmático. “Aquí non hai guerra, cousa que sí se produce en Asturias ou León”. Do reclutamento encárganse os concellos, dalí pasan á Caixa de reclutas e dalí envíanse a unha Unidade. “Antes da guerra non había dúas Españas enfrentadas. Había ideoloxías diferentes e fluctuantes” conclúe Fran Leira. Na guerra, segundo o historiador ferrolán, son múltiples, diversas e complexas, non dúas Españas. E engade que “foron os poderes fácticos e os sublevados coa súa dictadura de 40 anos os que impuxeron esa imaxe das dúas Españas”.

Participaron no Club de lectura, Divina Arnoso, Maite Martínez, Henrique Sanfiz e Francisco J. Leira Castiñeira(A Coruña, 1987) contratado posdoctoral da USC. É doutor en Historia pola Unversidade de Santiago de Compostela.

facebook
Twitter
Follow

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

es Spanish
X
error

síguenos