Esta é a historia fotográfica dos galegos que loitaron forzosos na Guerra Civil, desde que eran cidadáns na República, pasando pola súa experiencia bélica, ata a súa volta en plena ditadura. Unha contribución que tenta saír dos discursos simplificadores, incidindo en que as guerras non teñen nada de heroico, senón que traen consigo morte, fame e sufrimento. É un colectivo que forma a memoria esquecida da longa noite de pedra da Historia de Galicia.
É un libro de fotografías cunha clara vontade divulgativa, aínda que os seus resultado proceden dunha investigación de doutoramento. Un texto simplificado acompaña a un cento de fotografías que proceden dun proceso de documentación de dous anos. Ten como resultado una obra da que poden desfrutar todos os interesados na historia, sen grandes teorización xa que considero que “é un deber dos historiadores buscar ferramentas que fagan atractivas as nosas investigacións a toda a cidadanía. A historia é da sociedade civil”. A través das súas páxinas se observa a experiencia de persoas correntes, por encima de descursos propagandísticos políticos e poralizados. Mostrar as miserias da guerra, de calquer guerra. Un obxetivo é simple pero complexo.
A investigación da que procede gañou o prestixioso Premio Miguel Artola, o Premio Juana de Vega e una mención honorífica no concurso de ensaio histórico da George Watt da ALBA de Nova Iorque.
As fotografías proceden dos fondos da Biblioteca Nacional, da Real Academia Galega, da Hemeroteca da Bibliblioteca de Galicia, do fondo Francisco Villamil do Arquivo do Reino de Galicia e principalmente do Arquivo Pacheco e do fondo Blanco Fuentes do Museo Reimondez da Estrada. Además, de cesións de particulares, son o primeiro paso do Proxecto “pasado reciente”, do que invitamos a cidadanía a colaborar.
O obxetivo deste libro é que sexa un punto de partida para que máis familias destes protagonistas da memoria esquecida da longa noite de pedra cedan fotografías, cartas e diarios para coñecer aquela triste experiencia.
Título: Soldados forzosos. A memoria esquecida da guerra civil
Lugar de edición: Vigo
Editorial: Galaxia
Idioma: Galego
Páxinas: 104
ISBN : 978-84-9151649-1