La Voz de Galicia Ferrol: «A Guerra Civil é un episodio cheo de mitos no que quero incidir»

Publicado por La Voz de Galicia ó 06/07/2021

Escritor e doutor na Universidade de Santiago, Francisco Leira (Ferrol, 1987) acaba de publicar con Galaxia Soldados forzosos. A memoria esquecida da guerra civil, un libro de divulgación que recupera historias de galegos que foron obrigados a incorporarse ás filas na guerra civil. A investigación da que parte a obra foi galardoada cos premios Miguel Artola, Juana de Vega e cunha mención honorífica da organización Abraham Lincolm Brigade Archives de Nova York. O libro ven acompañado de fotografías de arquivo que foron recompiladas durante unha exhaustiva investigación.

-Parabéns polo libro e polos premios á investigación. Que dificultades atopou para adaptala a un formato máis asumible para o lector?

-Aprender a ser máis sintético na escrita, para min foi un reto reducir seiscentas páxinas de traballo académico a trinta. Invito a todo investigador a intentalo, porque axuda a saber que é o que hai que destacar segundo que público. Tampouco foi doado buscar fondos fotográficos, foi un traballo de investigación complexo.

Continuar lendo en La Voz de Galicia

facebook
Twitter
Follow

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

es Spanish
X
error

síguenos